Arrinca Lugoson 2023! – Publicadas as bases do certame

Arrinca Lugoson 2023!

Arrincamos o II Certame de cantautor@s Lugoson en honra á figura do noso querido Javier Krahe.

A segunda edición deste certame celebrarase na cidade de Lugo, dando a benvida a todos os que queirades unirvos a nós na celebración da música de autor e da figura de Krahe, xa sexa como participantes ou coma público.

Dende a organización esperamos que esta segunda edición de Lugoson, ó igual que a primeira, sexa un éxito de participación e que todo isto sirva para poñer en valor a composición, a poesía e a música en directo.

De cara ó final de verán iranse publicando novas relativas ó certame, carteis e outros anuncios que culminarán na data final do evento que este ano tenrá lugar o día 9 de septiembro tamén na Sala Clavicémbalo. Toda esta información publicarase simultánemante tanto na nosa web coma en redes sociais.

Vémonos pronto!

Saúde!