O Certame de cantautores Lugoson nace como unha iniciativa privada que busca rendir homenaxe a unha das figuras máis representativas da música de autor en España, Javier Krahe.
Krahe, autor recoñecido pola ironía e a comedia nas súas cancións e idolatrado por outros grandes artistas como Joaquín Sabina, Javier Ruibal, Pablo Carbonell ou el Gran Wyoming, sempre tiña nas súas xiras unha parada na sala Clavicémbalo (Lugo), lugar onde se lle garda grande cariño e onde unha estatua do artista preside a entrada ó local.
Lugoson busca dar visibilidade á música de autor e con ela a todos os autores da xeografía española que levan a costas as súas composicións e que, nalgún momento da súa vida, quixeron subirse a un escenario a contar historias como facía o mestre.
Este certamen é froito do traballo e esforzo tanto das personas e empresas implicadas na direción do mesmo como das entidades patrocinadoras. A todos eles o noso agradecemento e por suposto a todas as persoas que, en maior o menor medida, fixeron posible esta celebración da música de autor e da figura de Javier Krahe.
Jairo Varela – Organizador do evento