Bases do certame

Lugo, Xuño 2023

Convócase la segunda edición do Certame de cantautores e cantautoras “LUGOSON”, no que poderán participar todas as persoas interesadas de acordo coas seguintes BASES:

1.- Para participar será necesario presentar inscripción no plazo estipulado. Poderá participar calquera persoa interesada, sen exclusión por límite de idade e sempre que non teña contrato discográfico en vigor. Do mesmo xeito, quedan excluidos de participación aqueles/as cantautores/as que xa fosen finalistas do certame en anteriores edicións.

2.- O plazo de presentación de inscripcións permanecerá aberto dende o 15 de xuño de 2023 ata o 20 de agosto de 2023. A documentación requerida no punto 3 destas bases remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: hola@lugoson.com

Na barra de asunto constará “Inscripción II Certamen Lugoson” e o nome da persoa participante. Non serán admitidas as inscripcións enviadas fora do plazo estipulado.

3.- No e-mail enviado adxuntaranse os seguintes arquivos:

  • Arquivo Word ou PDF cós seguintes datos:
  1. Nome
  2. Nome artístico
  3. Domicilio
  4. Teléfono
  5. Correo electrónico
  6. Lugar de nacemento / data
  7. Nº DNI ou Pasaporte
  • Tres cancións en formato mp3, das cales dous deberán ser de autoría propia (orixinais en música e letra) e a terceira deberá versionar unha canción de Javier Krahe. Estas cancións deben estar grabadas a voz e un instrumento, non admitindo as que estean máis orquestadas. As cancións deberán estar interpretadas polo su autor o autora, acompañado/a con un único instrumento, non puidendo superar os 5 minutos por canción. Si se admiten os dúos nos que o formato sexa dous voces e un instrumento, así como as presentacións do autor o autora das cancións con outra persoa como acompañante de coros. Asimesmo admitirase tamén a aquel cantautor o cantautora que ademáis da guitarra se acompañe tocando él/ela mesmo/a a armónica.
  • Arquivo, en formato Word ou PDF, coas letras das cancións de autoría propia grabadas. En caso de que o idioma orixinal no que se interpreten estas cancións non sexa o castelán, deberase incluir neste arquivo a traducción das mesmas a este idioma.
  • DNI uo pasaporte en formato JPG ou PDF.
  • Fotografía recente en formato JPG. Dita fotografía usarase para a promoción e publicidade do evento, polo que deberá ter resolución suficiente para iso.
  • Arquivo Word ou PDF con unha breve descripción do artista e a súa traxectoria, a modo de sinopse, a cal se usará igualmente para a publicidade e inserción na web do festival.

4.- Das solicitudes de inscripción recibidas seleccionaranse 5 finalistas e 2 reservas. Os/as finalistas seleccionados/as, participarán no concerto que se celebrará o día 9 de septiembro de 2023 no Club Clavicembalo (Rúa Paxariños, nº 23) de Lugo. Cada finalista interpretará as tres mismas cancións presentadas a concurso. Non se permitirán teclados, sintetizadores, caixas de ritmo, loop station, ou calquer outro instrumento con música ou ritmos secuenciados. Quedan excluidos de esta prohibición os teclados con un sólo son, interpretados en directo sen sons grabados. Unha vez rematadas as intervencións, o xurado, tras deliberación, comunicará o resultado.

As personas seleccionadas deberán estar no lugar e hora que a organización indique no seu momento, para a realización da proba de son. En caso de non presentarse á hora sinalada, non se terá opción a dita proba, pasando a actuar directamente segundo turno estipulado, que será designado por sorteo celebrado antes da proba de son.

5.- Premios*:

1º Premio: 1.000,00 € e trofeo de 1º clasificado/a

2º Premio: 500,00 € e Placa conmemorativa de 2º clasificado/a

Os/as clasificados/as en 3º, 4º e 5º lugar obterán un diploma/placa conmemorativa de finalistas

Os mencionados premios faranse efectivos unha vez que a organización do evento libere as oportunas cantidades.

6.- O fallo do Xurado farase público o mesmo día da final. Será inapelable, correspondéndolle ó mesmo resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.

7.- A organización farase cargo de unha noite de estancia dos/as cinco finalistas, en rexime de aloxamento, no hospedaxe que no seu momento se especifique, non asumindo ningún outro gasto en concepto de desplazamentos e/ou dietas.

8.- A participación neste certame conleva a aceptación de todas as súas bases, polo que o incumplimento dalgunha de elas significará a descalificación inmediata. Para calquera dúbida sobre as mesmas, rogamos se dirixan ó correo electrónico hola@lugoson.com

Lugo, 15 de junio de 2023

 

 

 

 

(*) Todos los premios económicos se encuentran sujetos a retención