Faltan menos de 2 meses!

Cada vez falta menos para vernos en Lugoson.

Seguen a chegar novas inscripcións ó certame e será moi dificil escoller a soamente 5 finalistas que visiten Lugo o próximo 17 de septiembro para cantar e beber á saúde de Krahe. Todavía quedan algo máis de 15 días para que demos por pechadas as inscripcións, así que se eres cantautor, aínda estás a tempo!

Ademáis, temos preparada unha boa sorpresa de cara ó día do certame, que publicaremos moi pronto en todas as nosas redes. Encheremos Lugo con música de autor!

Lembra:

  • O día 15 de agosto, cerramos inscripcións e pouco despois anunciaremos os finalistas que virán a Lugo
  • O día 17 de septiembro tes unha cita coa música de autor na sala Clavicémbalo
Foto: Alvaro Pardo Garcia