No todo va a ser – Concerto imposto a Javier Krahe

NO TODO VA A SER JUGAR… CONCERTO “IMPOSTO” A JAVIER KRAHE

Dixo Javier Krahe

En mi familia hay la costumbre de morirse; de manera que yo seguiré con la tradición.

Este funesto hábito é o motivo polo que Andreas Prittwitz, o seu Bundesklarinette (tamén ocasionalmente Jilguerillo dos Alpes) xunto a Luis Fernández ó piano, lanzouse á complicada aventura de poñer en marcha “No todo va a ser…”, deixando atrás ós ya extintos, perezosos e indomables “Huérfanos de Krahe”.

As máis de cento cincuenta cancións que legou Javier Krahe son un prodixio de orfebrería literaria e inxenio musical, humor que fai cóxegas e inevitable o sorriso. Tranquilos: non as van a cantar todas, ainda que Andreas as saiba, pois foron máis de trinta anos á carón de tan singular personaxe. Neste “concerto imposto” a Javier Krahe en dous sentidos –de tributo e por non contar có seu beneplácito– é posible que algunha canción aparentemente a canten mellor que o propio autor, pródigo nas súas prodixiosas equivocacións, pero votaremos de menos as súas deslumbrantes coreografías.

Porque, como no corrido mexicano, Krahe sigue sendo “El Rey”

A cita será o 17 de septembro, na Sala Clavicémbalo, como actuación final do certamen Lugoson.